30 mar 2011

ARTE NO SÉCULO XX. O VANGARDISMO

Unha das características do vangardismo foi a actitude provocadora. Publicáronse manifestos nos que se atacaba todo o producido anteriormente, ao mesmo tempo que se reivindicaba a orixinalidade o lúdico, desafiando os modelos e valores existentes até o momento.
Xorden diferentes correntes vangardistas con diferentes fundamentos estéticos, aínda que con denominadores comúns:
. A loita contra as tradicións, procurando o exercicio da liberdade individual e a innovación.
. Audacia e liberdade da forma.
. Carácter experimental e a rapidez con que se suceden as propostas, unhas tras outras.
Na pintura ocorrería unha fuxida da arte figurativo en favor da arte abstracta, suprimindo a personificación;  utilizando cores estridentes e xurdindo deseños xeométricos...

 Correntes vangardistas:  impresionismo, expresionismo, fauvismo, cubismo, futurismo, dadaismo, ultraísmo, surrealismo, estridentismo e existencialismo.

Para saber máis pica na pintura de Dalí.


Máximo expoñente deste século en España



ARQUITECTURA DE VANGARDA. MUSEO GUGGENHEIM (BILBAO) VISITA VIRTUAL

No hay comentarios:

Publicar un comentario