23 oct 2011

O RELEVO

O relevo dos continentes

Montañas
 Son terreos de gran pendiente, moi elevados, poden aparecer aisladas ou agrupadas en serras, sistemas montañosos, cadenas e cordilleiras
(Se fas clic en "Montañas" verás información e imaxes de:
-K2 (Karakoram)
-Aconcagua (Andes)
-Mont Blanc (Alpes)
Vales
Terreos baixos situados entre
montañas.
(Se fas clic en "Vales" terás acceso a información e imaxes de:
- Fljótsdalur (Islandia)
-Val nas Montañas Azuis (Australia)
-Val de Lötschental (Alpes suizos) 
       Chairas: Zonas situadas a pouca altitude, as máis extensas localízanse nas costas ou son formadas polos ríos.
    (Se fas clic en "chairas" terás acceso a información e imaxes).  
Mesetas  Extensas llanuras situadas a gran altitude




(Se fas clic en "Mesetas" podes ver información sobre elas e imaxes dá fervenza máis alta do mundo: Salto Anxo en Auyan Tepuy, Venezuela.
Zonas situadas a menor altitude que as terras que as rodean. Mar Morto a 395 m baixo o nivel do mar)                                      
  Sales no Mar Muerto.


Imaxe das distintas formas de relevo dos continentes

O relevo costeiro
A costa ou litoral é a zona de contacto entre a terra e o mar, tamén presenta distintas formas do relevo:

Península: Anaco de terra rodeado de auga por todas as partes menos por unha (istmo)
(Se fas clic en "Península" accedes a información sobre elas, a imaxes das penínsulas de Florida, Croacia, Península Ibérica e Península Itálica; pero tamén a un montón de enlaces para que poidas ver todas las penínsulas del mundo.)

Cabo: Sainte de terra que penetra no mar máis que o resto do litoral
(Entra e verás imaxes do cabo de Boa Esperanza)
Golfo: Entrada de mar na costa.Se ten pequenas dimensións denomínase baía.
As enseadas e as calas son máis pequenas que as baías.
(Se fas clic en "Golfo accedes a información sobre eles e tes imaxes do Golfo de México)

Illa: Porción de terra rodeada de auga por todas as partes.(Se fas clic en "Illa" accedes a información sobre elas e tes imaxes sorprendentes sobre:

-Illas Malgrats (Mallorca)

-Illas de orixe volcánica (Hawai)

-Illa coralina

-Illa fluvial Suárez (Bolivia-Brasil)

Un conxunto de illas próximas forman un arquipélago


Imaxe das distintas formas de relevo das costas
 A Orixe do relevo:

FORZAS INTERNAS: Son aquelas que se producen no interior de La Tierra. Premen a codia terrestre en sentido horizontal e vertical. As presións son tan intensas que son capaces de fragmentar a litosfera e sacar á superficie materiais que están no interior de La Tierra. Son a causa dos pregamentos e as fallas e crean desigualdades na superficie terrestre. Tamén provocan terremotos e erupcións volcánicas.



FORZAS EXTERNAS: A acción conxunta dos axentes erosivos modelan a superficie terrestre, dando unha gran variedade de formas. A erosión é un proceso que inclúe á meteorización (rotura das rochas), o transporte (dos anaquiños fracturados) e a deposición e sedimentación (noutro lugar).


Os principais axentes erosivos son as augas continentais e mariñas, os glaciares, o vento, os seres vivos e o home.

Neste vídeo podedes ver o nacemento da illa de Surtsey.
Está en inglés, pero podedes traducilo.
O máis espectacular, as imaxes


No hay comentarios:

Publicar un comentario